Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1 Mod. 2).

Expediente: IN407A 2015/201-1 Mod. 2.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: modificado 2 para o recuamento da LMT GRN-708 na rúa Brasil.

Concello: Arteixo.

Feitos.

1. O 12 de febreiro de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 27 de marzo de 2019.

– DOG: 17 de abril de 2019.

– BOP: 2 de abril de 2019.

– Xornal La Voz de Galicia: 4 de abril de 2019.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da Secretaría Xeral do Concello de Arteixo: 6 de maio de 2019.

Ao mesmo tempo, realizáronse notificacións individuais ás persoas titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

Mediante anuncio publicado no BOE do 3 de febreiro de 2017, notificóuselles ás persoas interesadas descoñecidas, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública non achegou alegacións a persoa afectada, Manuel Dubra, en representación de Fomento Iniciativas Comerciales, S.L.

4. Solicitóuselles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Características técnicas:

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,122 km, con orixe no apoio D-11 existente da LMT GRN-708, no treito entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), condutor tipo LA-180 mm2 AI, e remate no apoio núm. 12 proxectado que se instalará na LMT GRN-708, no treito entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,216 km, con orixe no apoio 12-5 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783), condutor tipo LA-56 mm2 AI e remate no apoio núm. 12-4-2 existente da LMT GRN-708, no treito entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CC.TT. Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,044 km, con orixe no apoio 12-4 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no treito entre a derivada ao CT A Revolta (expediente 26.783) e a derivada aos CC.TT. Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e remate no apoio núm. 12-3 existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2).

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 4), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,017 km, con orixe no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e remate no apoio que sustenta o CT Readimix Asland, S.A. (15PBF1).

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 5), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e remate no apoio núm. 14-1 existente da LMT GRN-708, onde se realiza o paso aéreo a subterráneo da LMT particular ao CT Afernosa (15PBE4).

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 6), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,395 km, con orixe no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), condutor tipo LA-180 mm2 AI, e remate no apoio núm. 18 existente da LMT GRN-708, no treito entre o CT encoro Meicende (expediente 27.537) para retirar e o CT Quinto Pino (expediente 2016/64-1).

– Treito de liña eléctrica de media tensión aérea GRN-708 (actuación núm. 7), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,035 km, con orixe no apoio núm. 17 proxectado para intercalar na LMT GRN-708, no treito entre a derivada a os CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBE1) e Afermosa (15PBF1 e o CT Quinto Pino (expediente 2016/64-1), condutor tipo LA-56 mm2 AI, e remate no apoio núm. 17-1 que substitúe o existente da LMT GRN-708, no treito entre o CT Ramón Muñiz González (15PW95).

– Liña de media tensión subterránea GRN-708 (actuación núm. 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,781 km, con orixe do paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio núm. 12 proxectado que se instalará na LMT GRN-708, no treito entre a subestación da Agrela 2 e a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e remate no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio núm. 14 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, onde se realiza a derivada aos CC.TT. Readimix Asland, S.A. (15PBF1) e Afernosa (15PBE4), despois de realizar entrada e saída no CT avenida da Coruña proxectado.

– Liña de media tensión subterránea GRN-708 (actuación núm. 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe en cela de liña no novo CT avenida da Coruña proxectado, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e remate no paso de subterráneo a aéreo que se realizará no apoio núm. 12-4-1 proxectado que substitúe o existente da LMT GRN-708, no treito entre a derivada ao CT Hotel Pastoriza (15PBF2) e a derivada aos CC.TT. Arias Hermanos II (15PBH1) e Arias Hermanos III (15PBF3).

– Centro de transformación prefabricado CT1 cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

– Centro de transformación intemperie sobre pórtico de formigón (cambio de máquina), CT2 cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

– Desmontaxe do treito de liña aérea entre os apoios D-11 existente da LMT GRN-708 e o núm. 14 proxectado cunha lonxitude de 236 metros.

– Desmontaxe do CT encoro Meicende (expediente 27.537).

3. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 5 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña