Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32478

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se amplían os prazos máximos de execución e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 19 de xullo de 2018, pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos piloto Industria 4.0 (III Piloto Industria 4.0 2018) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 410321.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario

Redistribúense os créditos dispoñibles para concesións e quedan fixados do seguinte xeito:

– Con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7706, por un importe de 3.059.705,57 €, respecto do exercicio 2020.

– E con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7820, por un importe de 30.000 € respecto do exercicio 2019 e de 120.000 € respecto do exercicio 2020.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Pablo Casal Espido
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica