Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 3 de xuño do 2019 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

En cumprimento do establecido na base décimo terceira da Resolución do 26 de decembro de 2018 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2019), faise pública a Resolución do 3 de xuño de 2019 pola que se concede unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo:

Resolución do 3 de xuño de 2019 pola que se adxudica a bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (PR770F).

1. A Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) convocou por Resolución do 26.12.2018 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2019. Corrección de erros DOG núm. 19, do 28 de xaneiro) unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo.

2. Mediante resolución da directora da EGAP do 11.3.2019 nomeáranse as persoas integrantes da comisión de avaliación.

3. Rematado o prazo de presentación de instancias e emendadas as deficiencias observadas na documentación achegada polas persoas solicitantes, a antedita comisión reuniuse para avaliar os seus méritos.

Logo de ser realizada a dita avaliación, publicouse na web da EGAP https://egap.xunta.gal e no seu taboleiro de anuncios a listaxe provisional de posibles bolseiros/as coas puntuacións obtidas e concedeuse un prazo de tres días para presentar alegacións.

4. O día 10.5.2019 a comisión de avaliación entrevistou aquelas persoas candidatas que acadaron a puntuación mínima establecida na avaliación de méritos e que se presentan a ela.

Como consecuencia das ditas entrevistas, a comisión, o día 15.5.2019, elevou á directora da EGAP unha proposta de concesión para a designación de Macarena Otero Navarro como titular da bolsa.

Consideracións legais e técnicas

Primeira. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle á directora da EGAP, segundo o establecido na base décimo terceira da convocatoria.

Esta competencia atópase delegada no secretario xeral da EGAP, en virtude do disposto polo apartado primeiro letra i) da Resolución do director da EGAP do 17 de decembro de 2007.

Segunda. De acordo co establecido na base décimo segunda da convocatoria, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista das persoas candidatas, concluíndo que a persoa con maior puntuación e que, polo tanto, debería de ser a titular da bolsa é Macarena Otero Navarro, que obtivo un total de 23,96 puntos.

Esta conclusión foi recollida na proposta que elevou á directora da EGAP, de conformidade co exixido pola antedita base.

Polo exposto e examinada a proposta da comisión de avaliación para a adxudicación da mesma,

RESOLVO:

1. Adxudicar a bolsa de referencia a Macarena Otero Navarro NIF 77464421-F por ser a candidata á que lle corresponde por orde de puntuación. As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na EGAP e finalizarán o 31 de decembro de 2019.

2. Recordarlle á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, unha vez recibida a notificación desta resolución de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez (10) días para comunicar á EGAP a súa aceptación ou renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa pola súa parte, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Recordarlle á beneficiaria que, de acordo co disposto pola base décimo cuarta da convocatoria, no prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, deberá incorporarse ao desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiaria non se incorpore neste prazo, ou que renuncie expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da antedita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2019

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública