Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 057/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nieves Pérez Insua contra Silvia Lorena Guiarratán e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:
«Auto.
Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2019.
Parte dispositiva.
Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía Nieves Pérez Insua con Silvia Lorena Guiarratán, e condeno a executada a aboar a Nieves Pérez Insua a cantidade de 1.804,36 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 15.933,4 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, así como á cantidade de 200 euros como cantidades debidas en concepto de honorarios de avogado, do que resulta un total de 19.937,76 euros.
Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.
Así o acorda, manda e asina.
O/a maxistrado/a |
O/a letrado/a da Administración de xustiza». |
E para que sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratán, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019
A letrada da Administración de xustiza