Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (ETX 85/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 85/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Gómez Tomé contra Cervexaría Áncora, S.L. e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía Roberto Gómez Tomé coa Cervexaría Áncora, S.L., e condeno a executada a aboar a Roberto Gómez Tomé a cantidade de 6.847,55 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 17.038,18 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento até a presente resolución, así como á cantidade de 200 euros como cantidades debidas en concepto de honorarios de avogado, do que resulta un total de 24.085,73 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina.

O/a maxistrado/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma á Cervexaría Áncora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza