Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de xuño de 2019 pola que se notifica a resolución de liquidación de gastos de execución subsidiaria, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 25 de xuño de 2018, ditou resolución pola que se aproba a liquidación definitiva dos gastos de execución subsidiaria a Dolores Mouta Portas, ditada no expediente 107B 2002/031-0.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáise saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encóntra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde a recorrente teña o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística