O día 21 de maio de 2019 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e deixar constancia de tal coñecemento.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2019
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: P-8/18.
DNI/NIF imputado/a: B36641249.
Último enderezo coñecido: Monte da Mina (local asociación de vecinos) Castrelos, Vigo (Pontevedra).
Data da resolución: 21 de maio de 2019.
Tipificación e precepto infrinxido: declarada a caducidade.