Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo no expediente PR204A 2017/284-2 e once máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 18 de xuño de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Resolución

Parte contraria notificada

PR204A2017/284-2

Notificación resolución desestimatoria do dereito

Rubén López Vide

PR204A2019/1710-2

Notificación resolución desestimatoria do dereito

Mario Lorenzo González

PR204A2019/1856-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Adrián Moldovan

PR204A2019/1862-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

José Manuel Vázquez Carballo

PR204A2019/1863-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Comunidade de Propietarios rúa do Concello 42-44, Guitiriz

PR204A2019/1921-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Jennifer Cantos Narváez

PR204A2019/1927-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Daniel Fernández Márquez Rodríguez

PR204A2019/1980-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

El Hassan Jatim

PR204A2019/1988-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Loubna Abdelaoui

PR204A2019/1999-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

José Antonio López Insua

PR204A2019/2071-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Eva Mazaira Novoa

PR204A2019/2215-2

Notificación resolución estimatoria do dereito

Jesús Manuel Vázquez González