Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 554/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 554/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalina Nazare Monteiro Carvalheiro contra a empresa Asistencia y Grúas del Atlántico, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e o sobresemento das presentes actuacións e o arquivamento dos autos.

Deixar sen efecto o sinalamento para a celebración dos actos de conciliación e xuízo efectuada para o día 18.6.2019, ás 10.30 e 10.35 horas.

E para que sirva de notificación en legal forma a Asistencia y Grúas del Atlántico, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza