Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32505

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 47, do 7 de marzo), pola que se resolven as alegacións presentadas en relación coas puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de xullo de 2019 o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado pola Orde do 18 de marzo de 2019 (DOG núm. 57, do 22 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría 001 (camareiro/a-limpador/a/axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Modificar con base nas alegacións presentadas a puntuación do primeiro exercicio do proceso selectivo dos seguintes aspirantes, que queda como a continuación se amosa:

Apelidos e nome

NIF

Puntuación

Valencia Barro, Isabel

***3646**

16,47

Vázquez Castro, María Dolores

***9207**

15,42

Segundo. Desestimar o resto de alegacións presentadas en relación coas puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terceiro. Publicar este acordo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes nomeados no punto primeiro disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentaren a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 2 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), para estaren exentos da realización do segundo exercicio.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Trinidad García García
Presidenta do tribunal