Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32502

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

EXTRACTO da Resolución do 2 de xullo de 2019 pola que se convocan, para o ano 2019, as subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de vivenda 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

BDNS (Identif.): 465298.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

No ámbito da área de rehabilitación e renovación urbana (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago, poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar as subvencións, para o ano 2019, do programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se tramitarán co código de procedemento VI408H.

As subvencións desta convocatoria están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos da ARI dos Camiños de Santiago e da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Terceiro. Bases reguladoras

As subvencións deste programa de rexeneración e renovación urbanas da ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas rexeranse polas bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 20 de xuño de 2019 publicada no Diario Oficial de Galicia, número 124, do 2 de xullo.

Cuarto. Importe

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 07.83.451A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

ARI Camiños de Santiago

Aplicación

07.83.451A.780.6

Importe 2019

Proxecto 201800007 FFE

1.000.000 €

Proxecto 20180003 FCA

500.000 €

ARI Illas Atlánticas

Aplicación

07.83.451A.780.6

Importe 2019

Proxecto 20180007-FFE

450.000 €

Proxecto 201800003-FCA

50.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS e, en todo caso, o día 31 de outubro de 2019.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo