Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de xuño de 2019 pola que se fai pública a resolución que estima o recurso potestativo de reposición interposto contra a resolución que decreta a caducidade de concesión administrativa no porto de Combarro (Poio).

De conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise público, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, que o 27 de xuño de 2019 a Presidencia de Portos de Galicia emitiu a resolución que acorda estimar o recurso potestativo de reposición interposto por Combarromar, S.A. contra a resolución desta presidencia do 29 de marzo de 2019 que decreta a caducidade da concesión administrativa outorgada a Combarromar, S.A. por resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 15 de decembro de 2006, para a ocupación de dominio público portuario do porto de Combarro con destino á construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, resolución que, polo tanto, queda arquivada e fai recobrar toda a súa vixencia á concesión administrativa.

A resolución emítea a Presidencia de Portos de Galicia con base nas competencias que lle confire a ese órgano o artigo 12.3.j) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O expediente completo para o seu exame está na sede dos servizos centrais da entidade pública empresarial Portos de Galicia, onde poderá ser consultado de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A resolución pode ser obxecto de recurso contencioso-administrativo, que deberá ser interposto nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación que se teña efectuado ao interesado sinalado ou, noutro caso, contados desde a publicación desta cédula, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia