Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 296/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 296/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra as empresas Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Neo Energy Solutions, S.L.B. e Raam Logistic, S.L., sobre salarios, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Manuel Bertrand Pérez Peña contra Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, S.L., Neo Energy Solutions, S.L.B. e Raam Logistic, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas, de forma solidaria, a lle aboar ao demandante a suma de 5.618,13 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, sobre os conceptos salariais (que comportan 4.596,3 euros), e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos non salariais (que comportan 1.021,83 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia; deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Neo Energy Solutions, S.L.B. e Raam Logistic, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza