Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32293

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (32/2018).

Mª Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Francisco José Conde Sayáns fronte a Vanessa Fernández Simões ditouse sentenza, cuxo extracto literal é o seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2019.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario número 32/2018, seguidos por instancia de Francisco J. Conde Sayáns (con beneficio de xustiza gratuíta), representado pola procuradora Sra. Míguez Fuentes, baixo a asistencia letrada da Sra. Rodríguez Omil, contra Vanessa Fernández Simões, en situación de rebeldía procesual.

Resolución.

Estímase substancialmente a demanda presentada pola procuradora Sra. Míguez Fuentes, no nome e representación invocada, e condénase a demandada Vanesa Fernández Simões a pagar ao demandante a cantidade de dous mil novecentos vinte euros e oitenta e cinco céntimos (2.920,85 €) por cotas periódicas do préstamo obxecto do presente procedemento correspondentes aos meses de febreiro de 2017 a xaneiro de 2018 aboadas polo demandante, á cal deberán sumarse as cantidades devindicadas e pagadas mensualmente polo demandante desde a interposición da demanda e as que se veñan devindicando e pagando con posterioridade (ou, se é o caso, as amortizacións parciais e/ou total) polo demandante que se xustifiquen (artigo 220 da LAC) máis os xuros, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso».

E encontrándose a devandita demandada, Vanessa Fernández Simões, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza