Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32299

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (DSP 50/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 50/2019, seguido por instancia de María Isabel Quinteiro Seijo contra as mercantís Empresa Galera, 17, S.L., Fondeadero, S.L., Rescor 2015, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento improcedente, se ditou a Sentenza 284/2019, do 30 de maio, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil demandada, Fondeadero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza