Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 47/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 47/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Josefa Fernández Rodríguez contra José Luis Robledo Álvarez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Marina Josefa Fernández Rodríguez con José Luis Robledo Álvarez e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome traballadora: Marina Josefa Fernández Rodríguez.

Indemnización: 862,29 euros (oitocentos sesenta e dous euros con vinte e nove céntimos).

Salarios: 7.104 euros (sete mil cento catro euros).

Salarios nómina marzo 2018 e parte proporcional vacacións:

632,58 euros (seiscentos trinta e dous euros con cincuenta e oito céntimos).

Para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Robledo Álvarez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 13 de xuño de 2019

O letrado da Administración de xustiza