Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31857

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 413/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 413/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Moreno García contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Industrias Gráficas Getafe e Mutua Asepeyo, sobre seguridade social, se ditou Auto do 11.6.2019 contra o cal cabe recurso de reposición e que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Industrias Gráficas Getafe, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza