Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 6 de xuño de 2019, da Xerencia de Xestion Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro, no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros do Hospital da Mariña, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesaria para poderlle facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberanse poñer en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 982 58 99 97.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Burela, 6 de xuño de 2019

Ramón Ares Rico
Xerente da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

071882074J

036169459G

033346628D

036169459G

Silva Lourenço Marcia Aparecida

Varia --- Cerasela-mariana