En cumprimento da solicitude formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sección Segunda do Contencioso-Administrativo na que se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4111/2019 interposto por Promociones La Lanzada, S.A. e, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-adminsitrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do Decreto 38/2019, do 14 de marzo, polo que se aproba a catalogación dos tramos urbanos e naturais das praias de Galicia, (publicado no Diario Oficial de Galicia número 72, do 12 de abril), para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove (9) días.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019
Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO
Expediente: PO 4111/2019.
Acto publicado: emprazamento aos interesados.