Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4105/2019 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, do recurso contencioso-administrativo contra o Decreto 38/2019, do 14 de marzo de 2019, polo que se aproba a catalogación dos tramos urbanos e naturais das praias de Galicia.

En cumprimento da solicitude formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Sección Segunda do Contencioso-Administrativo na que se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4105/2019 interposto polo Instituto de Estudios Portuarios Marítimos y Costeros e, de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-adminsitrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de aprobación do Decreto 38/2019, do 14 de marzo de 2019, polo que se aproba a catalogación dos tramos urbanos e naturais das praias de Galicia, (publicado no Diario Oficial de Galicia número 72, do 12 de abril), para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove (9) días.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: PO 4105/2019.

Acto publicado: emprazamento aos interesados.