Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

ANUNCIO do 20 de xuño do 2019, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se dá trámite de audiencia no procedemento de inicio de actividade de restaurante (expediente RITGA E-2018-006461).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) do requirimento de documentación no procedemento de inicio de actividade de restaurante, realizado pola xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña, no enderezo da persoa interesada sen que este se puidese realizar, notifícase o requirimento á persoa citada no anexo e emprázase para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro das resolucións. Advírteselle que, de non comparecer, se dará por notificada.

Contra este acto de trámite poderá interpor recurso de alzada ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 112.1 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 20 de xuño de 2019

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Restaurante Brandomín.

Titular: Antonio Alcalde Santos.

Enderezo: lugar da Devesa, 2, baixo.

Concello: A Pobra do Caramiñal.