Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xuño de 2019 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nun expediente de liquidación de préstamo hipotecario, por non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

C 88030-E: 188

Comunidade hereditaria de Carmen Barreiro Gómez

Acto obxecto de notificación:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil), da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse ningún recurso.