Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (CA 323/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de conta de avogados 323/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julián Ramos Zapata contra José Antonio Pazos Sobral, se ditou a seguinte resolución.

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por finalizado e arquivar este procedemento, facéndolle saber á parte demandante que poderá presentar a oportuna demanda de execución como escrito iniciador ante os xulgados de Santiago de Compostela.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Pazos Sobral, en ignorado paradoiro, expido este decreto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza