Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio do procedemento de reintegro do expediente 802/27/2016/55137 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación á persoa titular do NIF 34218408C nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 12 de decembro de 2018 se resolveu iniciar o procedemento de reintegro do importe da penalización imposta por incumprimento da condicionalidade nos expedientes 802/27/2016/55137, 801/27/2016/55137 e 814/27/2016/55137 pola cantidade de 143,84 euros.

De encontrar conforme o acordo de inicio do procedemento de reintegro, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Se a persoa interesada realiza o pagamento, rematará o procedemento de reintegro sen necesidade de realizar ningunha notificación posterior.

Contra o acordo de inicio do procedemento de reintegro dos expedientes de referencia a persoa interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a secretaría deste organismo.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

Silvestre José Balseiros Ginarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expedientes: 802/27/2016/55137, 801/27/2016/55137 e 814/27/2016/55137.

NIF da persoa interesada: 34218408C.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro dos expedientes 802/27/2016/55137, 801/27/2016/55137 e 814/27/2016/55137.