Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 3 de xullo de 2019 Páx. 31340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019020AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 3 de maio de 2019, a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2019020AL-PO, incoado á persoa titular do DNI 44092856Q.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica á persoa titular do DNI 44092856Q o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 13 de xuño de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2019020AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 44092856Q.

Feito imputado: infracción do previsto no:

– Anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (capítulo I, punto 4, capítulo II, punto 1.a), c), f) e capítulo V).

– Artigo 10 do Real decreto 164/2014, do 14 de marzo, que establece as normas complementarias para a produción, designación, presentación e etiquetaxe de determinadas bebidas espirituosas: «Os produtos regulados por este real decreto e polo Regulamento (CE) 110/2008, do 15 de xaneiro, presentaranse e comercializaranse sempre debidamente envasados e etiquetados. Queda expresamente prohibido o transvasamento ou reenchemento nos establecementos de venda, grosistas, retallistas, cafetarías, bares, tabernas, restaurantes ou outros establecementos de consumo colectivo. Nos establecementos de distribución as etiquetas e precintas permanecerán adheridas aos envases e disporase dos documentos legais que xustifiquen as existencias daqueles produtos».

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición:

– A elaboración, fabricación, transformación, envasado, almacenamento, importación, exportación, distribución, transporte ou comercialización de alimentos e pensos, en condicións non permitidas pola normativa vixente, ou cuxo uso fose expresamente prohibido ou restrinxido, sempre que o dito incumprimento non estea tipificado como infracción grave ou moi grave (parágrafo 4).

– As simples irregularidades na observancia das normas sobre seguridade alimentaria e nutrición, sempre que o dito incumprimento non estea tipificado como infracción grave ou moi grave (parágrafo 10).

Sanción proposta: dous mil seiscentos sesenta e seis euros con sesenta e seis céntimos (2.666,66 €).