Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31212

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases e convocatoria do proceso selectivo para o acceso, por promoción interna, a unha praza de sarxento de bombeiros.

No BOP de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

No BOP de Lugo, núm. 54, do 6 de marzo de 2019, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e bases específicas, que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda promoción interna).

Decreto nº 19000863, do 7 de febreiro de 2019: 1 praza de sarxento/a bombeiros; escala de Administración especial, subescala: servizos especiais; clase: servizo de extinción de incendios; grupo de titulación C (subgrupo C1). Sistema selectivo: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 25 de marzo de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016,
modificado polo Decreto 18003431, do 26.4.2018)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal