Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31211

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas senda fluvial do río Maior.

Mediante a resolución da Alcaldía 661/2019, do 20 de maio de 2019, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións senda fluvial do río Maior, Marzo de 2019, promovido polo Concello de Bergondo, redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Ángel Delgado Cid, colexiado nº 4.657, excluíndo dos bens catalogados o correspondente á ficha 10 do catálogo, denominado «Palleira de Campo de Leis nº 8», por non presentar valores etnográficos ao estar construída de formigón armado, consonte o informe do arquitecto municipal do 16 de maio de 2019.

Consonte o artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, suspéndese o outorgamento de licenzas no ámbito de actuación do Plan especial de infraestruturas e dotacións senda fluvial do río Maior, grafado no plano 0-1, nos predios catastrais afectados e nas áreas de amortecemento dos elementos catalogados, definidas no plano 1-8 da memoria, fichas 1 a 16 con exclusión da ficha nº 10. Na zona de amortecemento dos bens catalogados indicados permítese a realización dos usos e obras provisionais regulados no artigo 89 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O instrumento de planeamento e o expediente sométense a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia en nun dos xornais de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir día do seguinte ao da publicación deste anuncio, poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, o expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello (http://bergondo.gal).

Notificaráselles individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados e darase cumprimento ao resto dos trámites legalmente exixidos para acadar a aprobación definitiva do plan especial.

Bergondo, 11 de xuño de 2019

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa en funcións