Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31044

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 27 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 14 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión dos premios con cargo á aplicación orzamentarias 11.A2.761A.760.0, proxecto 2017 00004, dos orzamentos da Axencia de Turismo de Galicia para as anualidades 2019 e 2020, con un crédito orzamentario de 800.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao amparo da convocatoria publicada na Resolución do 27 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Premiado

Categoría

Contía anualidade 2018

Contía anualidade 2019

Concello da Veiga

Primeira

100.000 €

300.000 €

Concello do Rosal

Segunda

100.000 €

300.000 €