Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do núcleo do Campo.

Unha vez aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do núcleo do Campo, que afecta o ámbito Lugar do Campo, mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 23 de maio de 2019, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais e poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes para a defensa dos seus dereitos e intereses así como obter copias.

Cuntis, 10 de xuño de 2019

Manuel Campos Velay
Alcalde en funcións