Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior (expediente FG número 614).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 23 de maio de 2019, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso, en Perillo (documento nº 06001, do 16.4.2019).

O plan especial é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 7 de xuño de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente en funcións