Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30911

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 520/2019-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 520/2019-CON

Xulgado de orixe/autos: despido/ceses en xeral 467/2017. Xulgado do Social número 1 da Coruña

Recorrente: Patricia Liñares Cores

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Recorridos: Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Strass Textil, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L. (admón. concursal Iberfits), Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., María del Carmen Desu Frata y Otra, S.L., Santiago García Señarís, Rogelio Bodelo Pichel, Antonia Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga, Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa, Cristina Suárez Gestal, Alejandro Gimeno-Bayón Forteza, Juan Carlos Rodríguez Maseda, María Dolores Vasallo Rapela, José Ramón Millán Cidón, Isaías González García, Pedro Carlos Moreno Vázquez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 520/2019-CON desta sala, seguido por instancia de Patricia Liñares Cores contra Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Strass Textil, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L. (admón. concursal Iberfits), Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., María del Carmen Desu Frata y Otra, S.L., Santiago García Señarís, Rogelio Bodelo Pichel, Antonia Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga, Puntada Elaborada, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola graduada social Matilde Mallo Nieves, en nome e representación de Patricia Liñares Cores, contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 17 de outubro de 2018, en autos número 467/2017, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas da Sala do Social de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Puntada Elaborada, S.L., Antonia Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel e Santiago García Señarís, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza