No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario PO 4084/2019, por instancia do procurador Ignacio Manuel Espasandín Otero, en nome e representación de Naviera Mar de Ons, S.L., fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación de data 3 de xuño de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.
A Coruña, 11 de xuño de 2019
José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza