Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30905

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO de interposición de recurso contencioso-administrativo 4088/2019

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario PO 4088/2019, por instancia do procurador Iago Espasandín Barreiro, en nome e representación de Naviera de las Rías Gallegas, S.L., fronte á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación de data de 4 de xuño pasado e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 11 de xuño de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza