Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30815

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 13 de xuño de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado Daniel Castelao, de Vigo.

O representante da titularidade do centro privado (CPR) Daniel Castelao, de Vigo, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de Aplicacións Web, na modalidade semipresencial e/ou a distancia.

O centro está autorizado para impartir na modalidade presencial as ensinanzas que solicita impartir na modalidade semipresencial e/ou a distancia en virtude da Orde do 23 de xullo de 2018 (DOG do 8 de agosto).

A Orde do 5 de novembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro, establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web na modalidade semipresencial e/ou a distancia, no centro docente privado cuxos datos se detallan a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR).

Denominación específica: Daniel Castelao.

Código do centro: 36011853.

Domicilio: García Barbón, 50 baixo, local 1.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra

Titular: Cebem FP, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial:

• FPB Electricidade e Electrónica (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• FPB Servizos Administrativos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Comercio Internacional (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Modalidade semipresencial e/ou a distancia:

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa adecuado á súa natureza, o previsto na Orde de 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a colectiva terá carácter presencial, coa intervención directa do profesorado nas instalacións do centro docente.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo, realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos ditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional