Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do levantamento da declaración de propiedade litixiosa do proxecto eléctrico denominado LMT, CTC e RBT Montalbo-Arra (Sanxenxo).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubre de 2015), as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que consta no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

O interesado poderá comparecer, no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 17 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

Expediente

Enderezo

Contido da resolución

Santiago Otero Rey

IN407A 2008/564-4

LMT, CTC e RBT Montalbo-Arra

Lugar de Adina, 19, 36960 Sanxenxo

Levantamento da declaración de propiedade litixiosa