Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Celtatrans, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, se fai público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación dos estatutos sociais da entidade Celtatrans, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 4 de maio de 2019, no Rexistro Provincial de Lugo. Consta como novo domicilio social da entidade no lugar de Céltigos, s/n, fábrica Fontecelta, oficina de transportes, en Sarria, código postal 27614.

Lugo, 17 de xuño de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo