BDNS (Identif.): 463616.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións: (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2019/20.
Segundo. Obxecto
O establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG para o curso 2019/20.
Clases e contías das bolsas:
1. As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
Segundo a contía, establécense dúas modalidades:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
3. Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, distribuiranse nos seguintes grupos:
a) Seis (6) bolsas tipo I para o 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) Doce (12) bolsas tipo II para o 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) Tres (3) bolsas tipo II para o 1º curso do diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 12 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200A).
Cuarto. Importe
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Sexto. Aboamento e xustificación
A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a quen lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2019
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia