Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 61/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 61/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Oribe Devincenzi contra Quatroprint, S.L. e o Fogasa, se ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Quatroprint, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 9.245,27 euros en concepto de principal (8.100,06 euros en concepto de falta de aviso previo, salarios e vacacións non desfrutadas; 1.091,59 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, sobre os conceptos salariais que comportan 6.965,55 euros, 53,62 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil, sobre os importes correspondentes a vacacións e aviso previo que comportan 1.140,45 euros), máis outros 924,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir execución se a partir deste momento se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Quatroprint, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza