Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30761

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (387/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 387/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Simón Refojo Rey contra Hipescar, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 387/2018 seguido por instancia de Simón Refojo Rey, asistido pola letrada Sra. Prieto Currás, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE, en diante), asistido e representado pola letrada do SPEE Sra. García Castro, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS, en diante), Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes

Resolución.

Admítese substancialmente a demanda interposta por Simón Refojo Rey e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante á percepción do subsidio de desemprego sobre unha base reguladora de 41,92 euros, con condena do SPEE a avirse a tal declaración e ao aboamento, sen prexuízo do seu dereito de subrogación fronte á empresa, con absolución do resto de codemandados.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza