De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) do trámite de audiencia no procedemento de baixa de oficio inicado polos órganos competentes da Axencia de Turismo no enderezo do interesado sen que estas se puidesen realizar, notifícaselle a apertura do dito trámite á persoa citada no anexo, que se empraza para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña da Consellería de Cultura e Turismo (rúa Vicente Ferrer, 2-2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do acto. Advírteselle que, de non comparecer, se considerará notificada.
A Coruña, 13 de xuño de 2019
Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Establecemento: Casa María. Turismo rural.
Titular: Mapegui, S.L.
Enderezo: As Casas do Monte, 10, Laraño.
Concello: Santiago de Compostela.