De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de novembro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela o interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 35, do 5 de decembro).
A Coruña, 13 de xuño de 2019
Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: AC-026/19.
NIF: 33260561P.
Establecemento: Sigüeiro.
Enderezo: avenida de Compostela, 26, Sigüeiro.
Localidade: Oroso.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, letras a), b) e c) da Lei 7/2011.
Resolución: 4 de xuño de 2019.
Sanción: multa por importe de catrocentos vinte e cinco euros (425,00 €).