Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 27 de xuño de 2019 Páx. 30564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018411TA-PO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018411TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade Texas Bar Hostelería, S.L., como titular do local denominado Pub A Noite.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2018411TA-PO.

Interesada: Texas Bar Hostelería, S.L., como titular do local denominado Pub A Noite.

Documento de identificación: B27771369.

Último enderezo coñecido: rúa Domingo Bueno, 132, Atios, 36418 O Porriño.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 2.000,00 €.