Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerarán desistidos/as da súa petición.
Ourense, 6 de xuño de 2019
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data de requirimento |
19788 |
FV978892 |
2.5.2019 |
19793 |
FV978895 |
2.5.2019 |
19795 |
FV978908 |
2.5.2019 |
20731 |
FX431919 |
30.4.2019 |
20732 |
FX431668 |
30.4.2019 |
21978 |
L330372 |
30.4.2019 |