Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na dita regulación, da seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade pública: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

2. Obxecto do contrato:

Título: asistencia técnica á dirección facultativa da obra de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con.

Clave do expediente: GA.18035.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 14.800,00 euros. Importe total: 17.908,00 euros.

Prazo de execución: 8 meses.

Importe da oferta: importe neto: 12.013,16 euros. Importe total: 14.535,92 euros.

Empresa contratista: Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobres as poboacións, incluíndo protección civil»; Actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia