Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 24 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150021619 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44, 46 e 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles os requirimentos de emenda das solicitudes ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o dito prazo, de non compareceren, terase por efectuada a notificación.

Advírteselles que, de non efectuaren a emenda no prazo de dez (10) días establecido nos requirimentos, contados desde o día seguinte ao da notificación do emprazamento, se considerarán desistidos das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 24 de maio de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

32805027N

150021619

24.4.2019

Requirimento de emenda da solicitude

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

33617068S

150098818

21.1.2019

Requirimento de emenda da solicitude

79319689A

150015719

11.3.2019

Requirimento de emenda da solicitude

76335620T

150023719

27.3.2019

Requirimento de emenda da solicitude

32402010R

150026019

2.4.2019

Requirimento de emenda da solicitude