Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 846/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 846/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Seijo Serto contra o Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Considérase Santiago Seijo Serto desistido da demanda que deu lugar á incoación deste procedemento nº 846/2017 contra o Servizo Público de Emprego Estatal e, en consecuencia, decrétase o sobresemento e arquivamento das actuacións.

Non procede efectuar imposición das custas procesuais a ningunha das partes.

Notifíqueselles ás partes esta resolución na forma prevista no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Seijo Serto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza