Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30316

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 44/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 44/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Carrillo Rama contra Ernesto Cereijo Caneda sobre despedimento, foron ditados auto e decreto en data do 31 de maio de 2019, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Isabel Carrillo Rama, contra Ernesto Cereijo Caneda, parte executada, polo importe de 7.693,71 euros en concepto de principal (1.212,48 euros de indemnización máis 6.481,23 euros de salarios) e de 769,37 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0044 19. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta “5076 0000 64 0044 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Ernesto Cereijo Caneda, pola cantidade de 7.693,71 euros en concepto de principal (1.212,48 euros de indemnización, máis 6.481,23 euros de salarios) e de 769,37 euros en concepto provisorio de xuros, gastos e custas producidos, se for o caso, até a data da demanda, e, se non pagar no prazo de dez días ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0044 19, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou a execución máis as custas desta.

– Requirir Ernesto Cereijo Caneda, a fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0044 19. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta “5076 0000 64 0044 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Ernesto Cereijo Caneda, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza