Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 299/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 299/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Montserrat Cajide Roca contra Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Inmaculada Alvariño Pena e Aroa Chaudarcas Martínez, sobre reclamación de cantidade, se acordou citar a Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Inmaculada Alvariño Pena e Aroa Chaudarcas Martínez, en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 18 de xullo de 2019, ás 10.05 e ás 10.10 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que están á súa disposición na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de notificación e citación a Mafiar, S.C., María José Martínez Alvariño, Inmaculada Alvariño Pena e Aroa Chaudarcas Martínez, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza