Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30148

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 43/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U.; Neira y Ferreira, S.L.U.; Aluminios M. Quinteiro, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o catro de xuño de dous mil dezanove.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U.; Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 13.915,28 euros en concepto de principal (12.058,59 euros en concepto de diferenzas salariais e salarios, 1.856,69 en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto á cantidade anterior), máis outros 1.391,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación; insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens dos executados.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A letrada da Administración de xustiza».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Gacaltec, S.L.U.; Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza