Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 13 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade á Resolución do 13 de xuño de 2019 pola que se someten a información pública os proxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada de claves XG-603, XG-630 e XG-686.

Con data do 13 de xuño de 2019, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que se someten a información pública, ao abeiro do número 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, por un prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os proxectos seguintes:

XG-603 Comarca de Terra de Celanova.

XG-630 Norte e leste da comarca de Noia.

XG-686 Termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor.

Durante o citado prazo, as persoas interesadas que o consideren oportuno poderán formular por escrito, ante a Dirección Xeral de Mobilidade, cantas alegacións consideren oportunas.

A documentación completa de todos os proxectos de explotación o que se refire este anuncio estará á disposición de todas as persoas interesadas, no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=Anteproxectos_explotacion_Xuno_2019.html

O que se fai público para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade